Materiais empregados:
- plantilla (as mans do meu pai
- papel especial para témpera
- lápiz
- témperas
Desarrollo:
O primeiro que fixen foi debuxar o pavo real formado copiando pola figura que sabe facer o meu pai coas mans. Despois pinteino con témpera. Para rematar, degradei as cores e delimitei contornos, para conseguir que se vise o mellor posible que é un pavo real.
Opinión personal:
Penso que este traballo é moi creativo porque a idea surxiu de que un día o meu pai me ensinou o que era capaz de facer coas mans, eu puxenme a mirar a ver a que se podía parecer, ata que o final dixen si pintas as mans cos tons dun pavo real pódeselle dar un aire. Quiteille unha foto e a partir de ahí mirei se en realidade se parecía ou non. Vin que se parecía bastante.
A aplicación, que tería en Educación Infantil, sería cando na Unidade Didáctica dos animais traballemos o pavo real, ensinarllo aos nenos/as. Mirar a ver si eles son capaces de facelo coas súas mans, se non simplemente entrelazar as mans e con pintura de dedos plasmalas nun papel. É un pouco traballoso, pero pareceume creativo e orixinal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario